Visita á parroquia de Distriz e de A vide

O PP de Monforte considera “insuficiente e pouco eficaz” a nova proposta de paradas do bus urbano nas parroquias

abril 27, 2025por Comunicacion_Provincial

Monforte, 27 de abril de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal Popular ven “insuficiente e pouco eficaz” o último anuncio de José Tomé con respecto ás paradas do autobús urbano nas parroquias do rural.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “pese a que semella que se mellora o servizo existente” todo apunta a que “gastar 1.123.276,16€ para que o bus pase un día á semana por cada parroquia ten pinta de ser unha medida ineficaz”. “Vemos neste anuncio unha nova medida populista que realmente non dará un servizo adecuado xa que, insistimos e segundo sinalan as pregos, trátase dun autobús que pasará polas parroquias unha vez á semana”, explicou.

Os concelleiros populares insisten en que “é fundamental” conectar ás parroquias, pero “non é de recibo anunciar como a salvación un bus á semana cun único traxecto”. “Unha vez máis, José Tomé queda curto coas súas medidas sobre o transporte urbano”, lamentou.

Pese a todo, os concelleiros populares sinalan que “é mellor contar con servizo mínimo e un só día á semana, que non telo”, pero “instan a Tomé a tomarse en serio a comunicación das parroquias do rural e revisar o servizo para mellorar a conexión da zona rural co casco urbano”.