Azud de Ribasaltas

O PP de Monforte esixe a Tomé aclarar “se os regantes teñen que costear o arranxo da estrada da marxe dereita da canle” e “se pensa tratar igual aos veciños da marxe esquerda”

mayo 3, 2025por Comunicacion_Provincial

Monforte, 3 de maio de 2025. Os concelleiros do PP de Monforte aseguran estar “sorprendidos” despois de que José Tomé asegurara que o arranxo da marxe esquerda da canle non só lle compete á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; senón tamén aos regantes “aos que, segundo o alcalde, se lles debe repercutir o gasto”.

Os populares formularon no último Pleno preguntas ao rexedor socialista sobre a previsión do goberno local para a marxe esquerda da estrada de servizo da canle de regadío, a rúa da Chorima “que se atopa en bastante mal estado e onde habitan bastantes residentes comunicando ademais zonas importantes de Monforte”; toda vez que para o arranxo da marxe dereita o Concello asinaba un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pasando a ser a vía de titularidade municipal.

Os populares amosan súa “preocupación” ante o que supón esta resposta. De feito, pregúntanse se os regantes da marxe dereita teñen unha categoría distinta e poden disfrutar dun arranxo que se lles nega ao da marxe esquerda. Ou se o que insinuaba o alcalde era que os gastos do arranxo que se realizará na marxe dereita se repercutirá aos regantes, é dicir, aos veciños de Monforte.

A portavoz, Katy Varela, cre que “Tomé debe ser más rigoroso e claro cos seus anuncios e non facer diferenzas entre os veciños e veciñas de Monforte”.