Concejales PP de Monforte 2024 en el paseo del río

O PP celebra a concesión do APROL a Monforte que permitirá a contratación de tres traballadores para fomentar o emprego no rural

junio 5, 2025 por Comunicacion_Provincial

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte poñen en valor a concesión do APROL rural ao Concello o que facilitará a contratación de tres traballadores co obxectivo de fomentar o emprego no rural.

A voceira popular, Katy Varela, pon en valor que a concesión desta subvención facilitará a incorporación de tres persoas ao mercado laboral en Monforte.

Segundo se recolle na resolución, estes traballadores poderán incorporarse de inmediato ao mercado laboral, ademais de realizar traballos “fundamentais” para poñer en valor o medio rural. “Estas persoas desenvolverán traballos de silvicultura, biomasa, limpeza de montes ou outras tarefas de valorización forestal no medio natural no termo no municipal do Concello de Monforte de Lemos”, explicou.

Ademais, Katy Varela pon en valor a colaboración da Xunta co Concello de Monforte de Lemos, aproveitando para instar a José Tomé “a seguir abrindo vías de colaboración co goberno autonómico xa que sempre están dispostos a colaborar para mellorar a calidade de vida dos monfortinos”.

Neste senso, pide ao alcalde que “o Concello solicite á Xunta axuda para a creación de prazas de gardería e así tentar poñer solución a un grave problema que temos en Monforte”.