Azud en el río Cabe

O PP de Monforte esixe a Tomé que o convenio coa CHMS para arranxar a estrada do canal inclúa aos veciños de ambas marxes

junio 12, 2025por Comunicacion_Provincial

Os concelleiros do PP de Monforte esixen a José Tomé “igualdade de trato” con todos os veciños da estrada do canal xa que a intención do alcalde “é asinar un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para solucionar os problemas da marxe dereita mentres pretende que os veciños da marxe esquerda sufraguen eles mesmos os traballos”.

A voceira popular, Katy Varela, afirma que “isto é unha discriminación, non ten outro nome”. Neste senso, esixe a Tomé que “explique publicamente cales son as razóns que motivan este trato diferencial”.

“É lamentable que o alcalde, que ten que preocuparse por todos os veciños, siga a dar mostras dunha clara discriminación”, denunciou.

Katy Varela recorda que no último pleno xa se lle preguntou a José Tomé pola situación do arranxe desta estrada e o propio alcalde confirmou que “os veciños da marxe esquerda terían que pagar eles calquera arranxo que haxa que realizar”.

A voceira popular amosouse “moi preocupada” ante esta “clara discriminación” e pregunta directamente a José Tomé “se os veciños da marxe dereita teñen unha categoría distinta e poden disfrutar dun arranxo que se lles nega ao da marxe esquerda porque a realidade é que se o Concello e a Confederación asumen o coste do arranxo da marxe dereita seremos todos os veciños de Monforte os que estaremos a sufragar os traballos”.