Katherinie Varela en el malecón

O PP esixe ao Concello de Monforte que sinale correctamente Ribasaltas como “zona non apta para o baño

Monforte, 25 de xuño de 2025. Os concelleiros do PP de Monforte piden ao goberno de José Tomé que sinalice como zona non apta para o baño Ribas altas, despois de que á Consellería de Sanidade non lle quedase máis remedio que “non autorizar” este espazo público para o baño por non reunir as condicións necesarias para a súa autorización.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “xa levamos varios anos” pedindo ao goberno de José Tomé que “tome as medidas necesarias e implique ás administracións que sexa preciso” para poder reverter o estado da auga do Cabe e que Monforte “conte con esta zona de baño público autorizada”.

Os concelleiros populares preguntarán no vindeiro pleno se o goberno monfortino ten pensado sinalizar esta incidencia e, sobre todo, cando o van a facer dado que as temperaturas xa comezan a ser altas e os monfortinos precisan de zonas de ocio para o tempo libre e poder combater a calor.

Ademais, insisten na necesidade de que o goberno local “se tome en serio” o saneamento xa que “non pode ser que se vertan augas de todo tipo ao río e non podamos gozar deste espazo como se facía fai décadas pola falta de saneamento”.