Casas con un incendio al fondo

O PP de Monforte esixe a Tomé axilizar e aumentar os desbroces para garantir “a seguridade” xa que a vexetación invade as estradas

O PP de Monforte esixe a Tomé axilizar e aumentar os desbroces para garantir “a seguridade” xa que a vexetación invade as estradas

junio 27, 2025 por Comunicacion_Provincial

“O Concello de Monforte ten medios económicos máis que suficientes para realizar o desbroce da vexetación ata dúas veces no verán, polo que non se entende que fóra hai poucos días, a piques de rematar xuño, cando se iniciasen os traballos”.

A voceira popular, Katy Varela, fai patente a preocupación existente entre moitos veciños dado que hai numerosos puntos como 4 ventos, O casar, Tor, Distriz, Baamorto ou Reigada nos que “a maleza invade boa parte da calzada e non se poden cruzar dous vehículos ao mesmo tempo”.

A popular é contundente e afirma que “Monforte non pode desbrozarse unha vez ao ano, polo que hai que realizalo ata en dúas ocasións, polo menos”.

Neste ano, a chuvia da primavera alternando con días calorosos, facilitou que a comezos de maio xa existisen zonas coa vexetación crecida o que dificulta a visibilidade en estradas e camiños, “supoñen un perigo para a circulación e aumentando o risco de incendios”.