NOVAS E EVENTOS
Éxito do mitin de peche de campaña de Katy Varela en Monforte con apoio de Francisco Conde, Jaime de Olano e outras autoridades
A súa presidenta e candidata á alcaldía, Katy Varela subliñou que “concluímos unha campaña, co mellor equipo e o mellor programa para traballar para Monforte e que o noso concello teña un rexurdimento real en materia de emprego e de servizos básicos como a auga -o principal problema que ten hoxe a cidade-, ou os servizos sociais, a cultura e o deporte”.
Onda Cero Monforte faise eco na súa conta de twitter do mitin de peche de campaña do PP de Monforte con cheo total de aforo
Entre aplausos, cun aforo completo, a candidata á alcaldía Katy Varela explicou as liñas principais do seu programa e agradeceu a todos a asistencia, en especial ás autoridades e ao seu equipo na candidatura. A emisora monfortina Onda Cero publica na súa conta de twitter imaxes do acto.
El Progreso entrevista á nosa candidata á alcaldía, Katy Varela: «O primeiro que farei será un plan integral da traída de auga»
Como titular destaca o principal obxectivo, un Plan Integral da auga, para resolver o grave problema que sofren os monfortinos actualmente.
Buzón de suxestions
Se tes algunha dubida, algunha suxestion ou queres comunicarnos cualquer asunto, no dubides en contactar con nos mediante este formulario ou en ppdemonfortedelemos@gmail.com
SÍGUENOS NAS REDES


