Benvidos á páxina web do Partido Popular de Monforte. Como presidenta local desta agrupación quero poñer ao dispor de todos os monfortinos esta plataforma na que damos a coñecer a nosa actividade, desde a nosa axenda ás nosas últimas noticias.

Tamén desexamos que sexa un medio de intercambio de información e que os veciños expresedes a vosa opinión a través dos formularios que se atopan nos diferentes contidos.

Somos un partido aberto e participativo, formado por persoas traballadoras, comprometidas, solidarias, respectuosas, tolerantes, que queremos ter en conta as vosas críticas, suxerencias e tamén os votos parabéns, que son un impulso para continuar con ánimo.

Entre todos podemos conseguir un Monforte mellor, que é o noso obxectivo, agora desde a oposición e tamén cando presidamos o Goberno municipal.

Grazas de antemán polo voso interese e colaboración.

Aquí tedes o noso e voso espazo web.

Katy Varela
Presidenta do PP de Monforte de Lemos