NOTAS DE PRENSA

A candidata do PP á alcaldía de Monforte expuxo ao conselleiro de Cultura o seu proxecto para crear novos museos na cidade, un deles dedicado á industria do calzado

Katy Varela e Román Rodríguez visitaron o Museo de Arte Sacro das Clarisas, de carácter privado e un dos máis destacados do país .
Os populares inclúen no seu programa electoral a creación da tarxeta-museos, que permitirá visitar todos os que hai en Monforte.

A alcaldable popular destacou os investimentos efectuados por Cultura, tanto no patrimonio histórico-artístico como para a mellora dos centros de Educación Secundaria.

read more
O PP de Monforte presenta un programa electoral centrado na mellora das prestacións sociais, a renovación da rede de abastecemento e o apoio ao desenvolvemento económico

O PP de Monforte presenta un programa electoral centrado na mellora das prestacións sociais, a renovación da rede de abastecemento e o apoio ao desenvolvemento económico

O PP de Monforte presentou hoxe o programa electoral co que concorrerá ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28. A candidata á alcaldía, Katy Varela, acompañada polos membros da súa lista, explicou área a área as medidas que considera necesario aplicar para que Monforte saia do estancamento no que se atopa como consecuencia do déficit de xestión do goberno presidido polo socialista José Tomé.

read more
O PP de Monforte aposta pola xestión directa polo concello do Servizo de Axuda a Domicilio, e defenderá esta fórmula na próxima sesión plenaria

O PP de Monforte aposta pola xestión directa polo concello do Servizo de Axuda a Domicilio, e defenderá esta fórmula na próxima sesión plenaria

A portavoz e candidata á alcaldía, Katy Varela, di que co modelo que propón lograrase “unha maior transparencia, incremento da eficacia e do control dos custos, garantir a accesibilidade e mellorar a calidade das prestación”.

Os populares din que é preciso cambiar o modelo de xestión para que o servizo sexa máis eficaz e resulte posible acabar coa lista de espera, que neste momento é de case 130 persoas

A portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela, di que o SAF ten que ser de xestión directa “tal e como o era no goberno de Nazario Pin, cunha concellería propia de Servizos Sociais, ocupada naquel momento por María Carmen Pérez Álvarez”, que figura na lista do PP para as elección locais

No PP lembran que “actualmente a Concellería de Servizos Sociais compártese coa de Facenda e Interior e recae na tenente alcalde Gloria Prada, que debe ademais suplir ao alcalde en múltiples ocasións ao estar este fóra moitas veces”.

read more
A candidatura encabezada por Katy Varela ás eleccións locais en Monforte combina xuventude e experiencia con compromiso e capacidade de traballo a favor do municipio

A candidatura encabezada por Katy Varela ás eleccións locais en Monforte combina xuventude e experiencia con compromiso e capacidade de traballo a favor do municipio

O número dous é José Luis Rodríguez, coñecido empresario monfortino do sector agrícola.

No número 3 da candidatura figura María Luisa Vázquez, xefa da área de sistemas do Hospital de Monforte

A candidata á alcaldía conformou un equipo “para gañar as eleccións e formar un goberno responsable, eficaz e comprometido con Monforte”.

read more