Contacta con nós

Protección de datos

11 + 15 =

Contacte con nós a través do seguinte formulario, enviándonos un correo a ppdemonfortedelemos@gmail.com ou achéguese á nosa sede na rúa Hortas de Monforte de Lemos.

 

NOVAS E EVENTOS

O PP esixe a Tomé “total transparencia” con todas as sentenzas xudiciais que afecten ao Concello de Monforte

O PP esixe a Tomé “total transparencia” con todas as sentenzas xudiciais que afecten ao Concello de Monforte

• A voceira popular afea que o alcalde informase hoxe publicamente dunha sentenza favorable ao Concello de Monforte identificando publicamente con todo tipo de detalle aos veciños aos que gañou o litixio
• Katy Varela sinala que, pola contra, Tomé calou cando o xulgado fallou en contra dos seus intereses ao anular o decreto de alcaldía 2022/857, de 1 xuño de 2022 sobre a resolución do contrato de adxudicación de parcelas de solo industrial no polígono do Reboredo
• Os populares critican a falta de transparencia en moitos asuntos como na petición de información sobre aquelas sentenzas e autos que afecten ao Concello de Monforte: “hai quince días que pedimos a información e aínda non a puxo a disposición”

read more
O PP insiste na necesidade de dotar dun correcto saneamento e abastecemento ás parroquias do rural

O PP insiste na necesidade de dotar dun correcto saneamento e abastecemento ás parroquias do rural

Os concelleiros populares seguen a visitar os diferentes barrios e parroquias de Monforte e onte mantiveron un encontro con veciños de Santa Mariña de Monte
Katy Varela criticou o “nulo compromiso” de José Tomé coas parroquias e os seus veciños, xa que ás habituais roturas na rede de abastecemento, e nesta zona en concreto, teñen serios problemas co saneamento pola falta dun colector
Katy Varela pon de manifesto o abandono do goberno local ás parroquias no local social de Santa Mariña, moi descoidado na súa fachada exterior e co interior cheo de humidades, o que pode provocar problemas de salubridade.

read more
O PP afirma que “o único culpable da marcha do CRAEGA de Monforte é José Tomé e os seus caprichos persoais”

O PP afirma que “o único culpable da marcha do CRAEGA de Monforte é José Tomé e os seus caprichos persoais”

Ambos ofreceron esta rolda de prensa tras ver como o PSOE presentaba sendas mocións en ambas institucións esixindo a ambos voceiros que pedisen desculpas públicas por, segundo José Tomé e o PSOE, “mentir e manipular” coa marcha do CRAEGA de Monforte. “É unha estratexia de José Tomé para tentar desviar a atención da súa persoa e botar as culpas aos de enfronte. A realidade é que non fixo nada do que estaba na súa man para que o CRAEGA quedase en Monforte e agora, sabedor de que é o único responsable, tenta escorrer o vulto”, denunciaron.

read more
Pleno do día 25 de marzo de 2024

Pleno do día 25 de marzo de 2024

Pleno do día 25 de marzo de 2024 Orde do día: Convocatoria e Orde do Día Mocións presentadas polo PP de Monforte: Modernización da Casa da Cultura e Mantemento da sede do CRAEGA en Monforte Visualizar: https://youtu.be/V6qvIsAJLNk Web do Concello coa información do...

read more
O PP de Monforte esixe a Tomé “máis sentidiño á hora de xestionar o diñeiro público” á vista de que os veciños seguen sufrindo problemas de cortes de auga

O PP de Monforte esixe a Tomé “máis sentidiño á hora de xestionar o diñeiro público” á vista de que os veciños seguen sufrindo problemas de cortes de auga

A voceira, Katy Varela, incide en que “non vemos mal que o alcalde consiga cartos para a nosa cidade, pero non compartimos a mala xestión dos cartos do que pode facer uso”.
A popular di que “non parecen lóxicas as cantidades de diñeiro das que fala o alcalde para deixar bonita unha cousa e que despois sigan os problemas de sempre no abastecemento e saneamento de auga”

read more
Pleno do día 26 de febreiro de 2024

Pleno do día 26 de febreiro de 2024

Pleno do día 26 de febreiro de 2024 Orde do día:  Convocatoria e Orde do Día Mocións presentadas polo PP de Monforte: Moción sobre o estado de edificios en ruína Visualizar: https://youtu.be/Ow-uPtKTkCY Pleno do día 26 de febreiro de 2024 Web do Concello coa...

read more

SÍGUENOS NAS REDES