NOTAS DE PRENSA
Comunicado de prensa
Tras os últimos comunicados enviados polo Señor Alcalde deste Concello, desde o PP de Monforte nos vemos obrigados a contestar aclarando certas infraccións: En primeiro lugar, non vamos a entrar a valorar as descualificacións que dirixiu cara á portavoz do PP de...
O PP de Monforte alerta da aparición de novas manchas no río Cabe, posiblemente derivadas de novas verteduras
O PP de Monforte alerta da aparición de novas manchas no río Cabe, posiblemente derivadas de novas verteduras A voceira popular Katy Varela denuncia que “chegamos a esta situación unicamente pola desidia do alcalde Tomé que non considera prioritario dotar de...
Os populares denuncian que dous rebentóns da rede de auga obrigaron a levantar o pavimento que acababa de estrear a rúa Reboredo
O PP insta a Tomé a planificar sen demora a renovación da rede de abastecemento de auga de Monforte, para evitar as continuas roturas das tubaxes e os cortes no su
O PP di que a praia fluvial anunciada por Tomé foi un recurso de propaganda electoral, como recoñece agora o propio alcalde ao dicir que só hai “actuacións preparatorias”
A resposta do Concello prodúcese despois de que os populares reclamaran coñecer o expediente administrativo para a praia fluvial, que agora o goberno local admite que non existe
O PP insiste en reclamar acceso ao expediente do proxecto da praia fluvial, que Tomé usou como reclamo electoral e da que aínda non se sabe nin onde estará
O PP de Monforte solicitou formalmente acceso ao expediente da praia fluvial, á vista da falta de información clara e detallada sobre este proxecto.
A candidata do PP á alcaldía de Monforte estudou coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade posibles solucións para crear itinerarios peonís e renovar o abastecemento de auga
A candidata popular á alcaldía de Monforte, Katy Varela, estudou hoxe coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, algúns dos problemas que padece o municipio, e, en concreto, a cidade, para sopesar posibles solucións. A alcaldable popular inclúe no seu programa iniciativas para afrontar problemas relacionados coa mobilidade e coas infraestruturas hidráulicas.
Conde avala os proxectos da candidata popular á alcaldía de Monforte para impulsar a economía local, durante unha visita a establecementos adheridos ao Bono Activa Comercio
A alcaldable popular sinalou: “Agradecemos ao conselleiro o apoio prestado e a información sobre as medidas que aplica a Xunta de Galicia, que axudan a fomentar o consumo no comercio da cidade. É fundamental desenvolver a economía do municipio apoiándose no comercio local”. A candidata indicou que, se ten a confianza dos seus veciños e veciñas e goberna, propiciará todo tipo de colaboracións co centro comercial urbano e cos comerciantes. Para os populares, segundo resaltou Katy Varela, “é fundamental fixar poboación por medio do apoio ao emprendemento e aos comerciantes, entre outras medidas”.
Alfonso Rueda subliña que Monforte ten moitísimo que dicir e moitísimo que liderar: «Con Katy Varela imos aproveitar esta oportunidade»
A candidata, Katy Varela destacou o apoio ao sector empresarial como un punto fundamental no seu programa: “Sen empresarios e sen emprendedores que arriscan para que sacar adiante un proxecto non habería riqueza nin tanta creación de emprego”
A candidata do PP á alcaldía de Monforte expuxo ao conselleiro de Cultura o seu proxecto para crear novos museos na cidade, un deles dedicado á industria do calzado
Katy Varela e Román Rodríguez visitaron o Museo de Arte Sacro das Clarisas, de carácter privado e un dos máis destacados do país .
Os populares inclúen no seu programa electoral a creación da tarxeta-museos, que permitirá visitar todos os que hai en Monforte.
A alcaldable popular destacou os investimentos efectuados por Cultura, tanto no patrimonio histórico-artístico como para a mellora dos centros de Educación Secundaria.
A conselleira Ánxeles Vázquez apoia as propostas da candidata do PP en Monforte, Katy Varela, para a rehabilitación de edificios
A candidata popular á alcaldía de Monforte di que, se goberna, comprométese a aproveitar con intensidade todas as liñas de axuda que ofrece a Xunta para restaurar edificios do casco vello.