Contacta con nós
Contacte con nós a través do seguinte formulario, enviándonos un correo a ppdemonfortedelemos@gmail.com ou achéguese á nosa sede na rúa Hortas de Monforte de Lemos.
NOVAS E EVENTOS
Vídeo resumo do programa para o 28M
Vídeo resumo do programa elaborado para o 28M
O PP de Monforte presenta un programa electoral centrado na mellora das prestacións sociais, a renovación da rede de abastecemento e o apoio ao desenvolvemento económico
O PP de Monforte presentou hoxe o programa electoral co que concorrerá ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28. A candidata á alcaldía, Katy Varela, acompañada polos membros da súa lista, explicou área a área as medidas que considera necesario aplicar para que Monforte saia do estancamento no que se atopa como consecuencia do déficit de xestión do goberno presidido polo socialista José Tomé.
O PP de Monforte defende a aplicación dun plan de conciliación familiar e lamenta que Tomé renuncie a pedir as axudas que ofrece a Xunta para posibilitala.
Os populares afean ao alcalde, José Tomé (PSOE), que renuncie a acollerse as axudas autonómicas para ampliar as prazas de gardería e para constituír o servizo de atención temperá.
Pleno do 24 de abril de 2023
MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR PARA A APROBACIÓN DA XESTIÓN DIRECTA POLO CONCELLO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Programa das eleccións do 28M
Prezado votante, presentamos os compromisos que o noso equipo preparou a partir das ideas recollidas coas reunións que mantivemos con vós.
O PP avisa do imparable incremento das cantidades de cobro dubidoso polo Concello e insta a Tomé a executar as recomendacións da intervención municipal
O grupo municipal do PP quere que o goberno local aclare debidamente se o Concello cumpriu as indicacións recollidas no informe de Intervención para minorar os riscos fronte ao constante incremento das cantidades que se consideran de cobro dubidoso, nas que se inclúe a recomendación de levar a cabo tres auditorías.
O PP de Monforte aposta pola xestión directa polo concello do Servizo de Axuda a Domicilio, e defenderá esta fórmula na próxima sesión plenaria
A portavoz e candidata á alcaldía, Katy Varela, di que co modelo que propón lograrase “unha maior transparencia, incremento da eficacia e do control dos custos, garantir a accesibilidade e mellorar a calidade das prestación”.
Os populares din que é preciso cambiar o modelo de xestión para que o servizo sexa máis eficaz e resulte posible acabar coa lista de espera, que neste momento é de case 130 persoas
A portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela, di que o SAF ten que ser de xestión directa “tal e como o era no goberno de Nazario Pin, cunha concellería propia de Servizos Sociais, ocupada naquel momento por María Carmen Pérez Álvarez”, que figura na lista do PP para as elección locais
No PP lembran que “actualmente a Concellería de Servizos Sociais compártese coa de Facenda e Interior e recae na tenente alcalde Gloria Prada, que debe ademais suplir ao alcalde en múltiples ocasións ao estar este fóra moitas veces”.
A candidatura encabezada por Katy Varela ás eleccións locais en Monforte combina xuventude e experiencia con compromiso e capacidade de traballo a favor do municipio
O número dous é José Luis Rodríguez, coñecido empresario monfortino do sector agrícola.
No número 3 da candidatura figura María Luisa Vázquez, xefa da área de sistemas do Hospital de Monforte
A candidata á alcaldía conformou un equipo “para gañar as eleccións e formar un goberno responsable, eficaz e comprometido con Monforte”.
A Xunta mellora a seguridade viaria e a mobilidade peonil en Monforte de Lemos
A Xunta mellora a seguridade viaria e a mobilidade peonil en Monforte de Lemos, por iso se inician as obras de mellora na estrada LU-617, na contorna do cemiterio de #Monforte, nas que a Xunta de Galicia investirá 40.000€ para implantar unha senda de 200 metros moi...
Pleno do 27 de marzo de 2023
Pleno sobre a Gardería Municipal, no que se expón que o ano pasado houbo unhas axudas da Xunta en concreto puxo 30 millóns de euros para ampliar prazas e crear gardería novas e o concello non a pediu, cosa que fixo Sober e agora Sober ten persoas empadroadas de Monforte. Polo tanto perdeuse a oportunidade de adquirir unha subvención importante, por certo ata que chegou un goberno do Partido Popular no houbo unha gardería municipal.
O PP afea a Tomé que deixara perder as oportunidades de conseguir fondos da Xunta para ampliar prazas de Educación Infantil e agora reclame unha nova gardería
No PP lembran que “a Xunta puxo á disposicións dos concellos máis de 30 millóns de euros para aumentar as prazas de 0-3 na escola infantil municipal ou para crear un novo centro e o Concello de Monforte non solicitou nada”. O PP afea a Tomé que deixara perder as...
Katherinie Varela, candidata á alcaldía entrevistada en primeira persoa
A nosa candidata, Katherinie Varela Fernández, preséntase nesta entrevista en primeira persoa a todos os futuros votantes.
SÍGUENOS NAS REDES








